Publicado en Documentos audiovisuais, Xornalismo de datos

A era do ‘Big Data’

O xornalismo de datos é, a día de hoxe, unha ferramenta fundamental presente en tódolos medios de comunicación. Porén, resulta de grande importancia que eses datos se presenten dun xeito atractivo e fácil de comprender para o público. Emporiso, estanse a desenvolver diferentes instrumentos dixitais —coma as gráficas— para facer que isto sexa posible.

TEMAS TRATADOS NO DOCUMENTAL

  • O primeiro vídeo, <<o noso programa  trata sobre a visualización de datos>> (Fernanda Viégas, 2005-2010, min. 00:16 do primeiro vídeo do documental). A visualización consiste en observar moitos datos e modificalos dependendo da nosa necesidade. Baséase na característica que nos deu a natureza de aprender como funcionan as cousas a través da observación.
  • No segundo, fálase sobre a visualización de datos no xornalismo. A visualización de datos no xornalismo realízase por medio de gráficos que son atractivos para os lectores para que pinchen nel e poidan obter máis información sobre o tema.
  • O terceiro comenta a forma contar as historias con datos e facelas interesantes. Para intentar levalo a cabo están investigando sobre como poden unir todos os datos das gráficas coa literatura que demandan os lectores para entender o contexto no que se poñen os datos.
  • O cuarto abrangue a nova era dos infográficos. Están buscando a maneira de combinar un infográfico que sexa chamativo e un infográfico que sexa moi sinxelo de ler.
  • O quinto fala sobre a vida como fluxo de datos. Estase a estudar como coñecer calquera cousa dunha persoa en tempo real por medio de sensores e aplicacións por toda a cidade.
  • O sexto aborda a exploración de datos, sobre como podemos elaborar calquera gráfica en Google cun contexto que te axuda a entender o motivo da realización da gráfica.
  • O sétimo vídeo estuda as tecnoloxías e os instrumentos que se poden empregar na visualización de datos. Está buscando a maneira de elaborar as gráficas nunha plataforma pero que se poida ver dende calquera dispositivo e en calquera lugar.
  • O octavo vídeo abrangue os primeiros pasos que se están dando para un futuro onde a especialización en tecnoloxía e en estadística vai ser moi importante para o xornalista.

FONTES EMPREGADAS NO DOCUMENTAL

PERSOAS

Shawn Allen → Stamen Design

Director de deseño e interfaz en GSA

Director de interacción en Partner Stamen

Primeiro enxeñeiro en Maxis

Elaborador de aplicacións para Internet en Hill & Knowlton

Deseñador interactivo en Extension11

Michael Balzer

Fundador e produtor en All Things 3D

Fundador de 3D creators

Director de teconoloxía en Dreamtreader Inc.

Dono de Dark Cave Productions

Xerente das tecnoloxías da información en RRM Design Group

Presidente de EtG Consulting

Dono de Electrons to Go

Scott Byrne-Fraser → BBC News Online

Director de UX DAZN

Director de UX Adaptive Lab

Director de UX Design Amazon

Deseñador da experiencia do consumidor en Amazon

Director creativo da experiencia do consumidor e deseño en BBC Sport

Deseñador senior da experiencia do consumidor e deseño en BBC News Specials

Deseñador senior da editorial en BBC

Deseñador BBC

Artista dos efectos visuais en 3D en Sky News

Deseñador en tempo real de 3D en Sky News

Ilustrador técnico en FETL

Ilustrador técnico en Trinity House

Alberto Cairo → Editora Globo, Brasil

Cátedra en xornalismo visual na Universidade de Miami

Director do programa de visualización do Centro de Ciencia Computacional D

Profesor das prácticas profesionais na Universidade de Miami

Asistente de profesor e consultor de infografía e multimedia, orador e deseñador freelance da Universidade de Carolina do Norte en Chaper Hill

Director de infografía e multimedia en Época Magazine (Editora Globo)

Director de infografías online en El Mundo

Amanda Cox → The New York Times

Máster en estatística na Universidade de Washington

Editora gráfica do New York Times

Chase Davis → CaliforniaWatch.org

Editor das noticias interactivas no New York Times

Cofundador de Hot Type Consulting

Profesor adxunto da Universidade de Missouri

Reporteiro e director de tecnoloxía do Centro de Investigación Reporting

Reporteiro en The Des Moines Register

Reporteiro en Houston Chronicle

Eric Dédier → LeMonde.fr

Elaborador integrado de html5, CSS3 e jquery en Le Monde e como freelance

Elaborador integrado de flash e html5 en Le Monde

Elaborador integrado de flash e html5 como freelance

Webmaster en Le Monde

Steve Duenes → The New York Times

Director gráfico no New York Times

Director gráfico e deseñador web en  Chicago Tribune

Hannah Fairfield → The New York Times

Editor gráfico no New York Times

Director gráfico no Washington Post

Editor gráfico no New York Times

Profesor adxunto na Columbia Graduate School of Journalism

Nicholas Felton → Graphic Designer

Autor de Personal Annual Reports

Deseñador de infografía

Cofundador de Daytum.com

Membro do equipo de deseño de produto de Facebook

Recoñecido por Fast Company como un dos 50 deseñadores con maior influencia en América

Ben Fry → Design and Software Consultant

Director de Fathom

Coelaborador de Processing

Cátedra de deseño en Carnegie Mellon School of Design

Jeffrey Heer → Stanford University

Cofundador e xefe de experiencia de Trifacta

Profesor asociado da Universidade de Washington

Profesor asociado da Univerisdade de Stanford

Investigador interno de Microsoft

Investigador interno de IBM

Cadro interno do Software

Membro do equipo de investigación PARC

Nigel Holmes → Information Graphics Designer

Ilustrador e deseñador gráfico freelance para clientes como British Broadcasting Corporation, Ford Motor Company e Island Records

O seu traballo apareceu en New Scientist, Radio Times, The Observer, Daily Telegraph e The Times

Abriu a súa propia compañía para traballar con Apple, Fortune, Nike, The Smithsonian Institution, Sony, United Healthcare, US Airways e Visa

Aaron Koblin → Google Creative Lab

Cofundador e director de tecnoloxía na compañía de realidade virtual Within

Creador e director do Data Arts Team para Google en San Francisco

Richard Koci Hernandez → University of California, Berkley

Asistente de Profesor en UC Berkeley Graduate School of Journalism Present
Membro da creación multimedia en UC Berkeley Graduate School of Journalism
Representante do director multimedia, foto e video en San Jose Mercury News, CA
Equipo de fotoxornalismo en San Jose Mercury News, CA
Fotógrafo interno de Wichita Eagle, Kansas

Fotógrafo interno de Oakland Tribune, Oakland
Equipo de fotoxornalismo en Ventura Star, CA

Thomas Molén → Svenska Dagbladet, Suiza

Productor da intelixencia visual en Thomas Molen Mediaproduktion

Ilustrador e xornalista visual da Dagbladet sueca

Lisa Pickoff-White → CaliforniaWatch.org

Produtora senior das noticias internactivas en KQED Public Radio

Editora online interna en KQED

Produtora das noticias interactivas en KQED

Produtora multimedia do centro de investigación Reporting

Asistente de estudantes graduados na Universiity of California-Berkeley Graduate School of Journalism

Produtora web interna en San Francisco Chronicle

Reporteira freelance para Bay Guardian

Asistente de estudantes en Knight Digital Media Center

Asistente de investigador no centro de investigación Reporting

Produtor web en Digital TV e The World

Produtor online en NationalJournal.com

Asistente do editor web en National Academy of Sciences

Freelance de tecnoloxías e corresponsal de negocios en United Press International

Dana Priest → The Washington Post

Reporteiro de intelixencia

Cátedra en Public Affairs Journalism na University of Maryland’s Philip Merrill College of Journalism

Destaca o seu artigo “War on terror” como corresponsal no xornal do Pentágono

Jim Ray → MSNBC.com

Consultor independente de Self

Director de tecnoloxías no California Sunday Magazine

Elaborador senior de Mule Design Studio

Elaborador líder de msnbc.com

Produtor multimedia de MSNBC.com

Produtor multimedia de Chicago Tribune

Michael Robinson → The Guardian

Deseñador gráfico de MRI Design

Director gráfico de Guardian News & Media

Consultor gráfico en The Economist

Consultor gráfico en Tamedia Publications romandes

Consultor gráfico en Internazionale

Consultor gráfico en NZZ

Consultor gráfico en Sonaecom

Eric Rodenbeck → Stamen Design

Proxectos:

maps.stamen.com

National Geographic World

Vancouver Twitter Tracker

Vancouver Twitter Tracker

Community Arts Stabilization Trust

Ola Rosling → Google

Cofundador de Gapminder Foundation (software mercado por Google en 2007)

Sarah Slobin → Wall Street Journal, Former Fortune Magazine

Editor de Quartz

Editor visual en The Wall Street Journal

Editor gráfico senior en The Wall Street Journal

Editor gráfico de Fortune Magazine

Asistente de editor e director gráfico de negocios en The New York Times

Editor gráfico en The New York Times

Asistente confidencial na administración de noticias en The New York Times

Paul Steiger → ProPublica

Editor de xestión en The Wall Street Journal

Membro do Trumbull College at Yale University

Presidente executivo de ProPublica (Comité de proteción de xornalistas)

Membro de Council en relacións exteriores

Profesor Michael Stoll → University of Augsburg, Alemania

Álvaro Valiño → Público, España

Freelance desde Washington DC para clientes como National Geographic Magazine, The Washington Post, The Guardian, Corriere della Sera ou Revista Mongolia

Director do departamento de infografía de Público

Fernanda Viégas → IBM Research (2005-2010)

Cofundador de Google’s «Big Picture»

Fundador de Flowing Media, Inc.

Director do laboratorio de comunicación visual IBM

Creador da plataforma de visualización Many Eyes

Investigador no MIT Media Lab

Kris Viesselman → Society for News Design

Director e elaborador dixital do produto e publicacións interactivas en NG Maps National Geographic

Editor de xestión e director creativo de National Geographic Earth Pulse

Director creativo en San Jose Mercury News

Director de arte e deseño de gráficos en The Orange County Register

Director de arte e editor gráfico de Los Angeles Times

Ilustrador, reporteiro gráfico e deseñador en The Sacramento Bee

Martin Wattenberg → IBM Research (2005-2010)

ICreador de Many Eyes

IBM’s Thomas J. Watson Research Center

Flowing Media, Inc.

Codirector de Google’s «Big Picture»

J.Paige West → MSNBC.com

Editor delegado de IML Group plc

Asistente xeral de Dobbies Garden Centres plc

INVESTIGACIÓNS

data.gov
Data.gov é principalmente un sitio aberto de datos do goberno federal. Para unha maior visibilidade, tanto os gobernos estatais como os locais poden introducir os seus metadatos que describen os seus recursos como datos abertos.  

Data.gov non aloxa os datos directamente, senón que agrega metadatos nunha ubicación centralizada. Unha vez que unha fonte de datos aberta cumpre cos requisitos de formato e os metadatos necesarios, o equipo Data.gov pode tirar directamente dela como fonte da colleita. A sincronización dos metadatos desa fonte de Data.gov realízase cada 24 horas.

Data.gov aliméntase de dúas aplicacións de código aberto, CKAN e WordPress, e desenvólvese públicamente en GitHub .
Este sitio é xestionado e organizado pola Administración de Servizos Xerais de Estados Unidos, Oficina de Servizos Cidadáns e tecnoloxías innovadoras .

Many Eyes
Many Eyes é unha ferramenta de visualización de datos gratuita que a empresa IBM puxo a disposición dos usuarios. Pero non se trata soamente dunha ferramenta de visualización, tamén aporta un elemento interesante: o feito de poder compartir ditas visualizacións.

Many Eyes permite que haxa conversación ao redor dunha visualización: os usuarios poden aportar os seus puntos de vista da visualización e propoñer outros enfoques, outras visualizaciones, a partir dos mesmos datos
É importante sinalar que se trata dunha ferramenta de uso público, é dicir que todos os datos e visualizaciones que realicemos estarán a disposición do resto de usuarios, non se pode usar de forma privada.
A ferramenta permite facer unha serie extensa de tipos de visualizacións:

  • Relacións entre puntos (Scatterplot, matriz de gráficos e diagramas de rede)
  • Comparar valores (gráficos de barras, histogramas e gráficos de burbulla)
  • Traceo de cambios de tendencia no tempo (graficos de liñas, barras e barras por categorías)
  • Ver partes de totais (gráficos de queixo, mapas de seccións simples e con comparacións)
  • Analizadores de texto (árbore de conceptos, nube de etiquetas, relacións de frase e xerador de nubes de palabras)
  • Gráficos xeográficos (gráficos sobre mapas)

OnVia

Onvia ofrece unha cobertura sen precedentes da actividade de compra do goberno para as industrias tales como a arquitectura e a enxeñería, construción, informática / telecomunicacións, servizos de consultoría de negocios, operacións e mantemento, e o transporte.
Onvia realiza un seguimiento, analiza e informa sobre o gasto de decenas de miles de axencias gubernamentais federais, estatais e locais, dando ás empresas unha fonte única para a realización de negocios aberto, intelixente e eficiente co goberno.
Ademais de proporcionar unha exclusiva suite de ferramentas integradas de negocios para unha ampla variedade de industrias, Onvia ofrece DemandStar , o sistema automatizado que axiliza os procesos de adquisición da axencia.


“The Crise of Credit Visualized” by Jonathan Jarvis (2009)
Trátase dunha visualización cuxo obxectivo era facilitar a comprensión dunha situación complexa como era a crise de crédito. Así, se fornece rápidamente a situación dos que non coñecen e os non iniciados no ámbito económico. Este proxecto completouse como parte do traballo de tese no programa Media Design , un estudo de posgrao na Art Center College of Design en Pasadena, California.

“Vampire Energy” by Nigel Holmes and Good Magazine (2007)
Trátase dunha visualización que pretende explicar cómo os electrodomésticos consumen enerxía só polo feito de estar enchufados, aínda que non estean acesos. Este fenómeno é comúnmente coñecido como enerxía de reserva, pero aquí é chamado vampiro de enerxía.

PROGRAMAS E APLICACIÓNS

After Effects
Adobe After Effects é unha aplicación que ten forma de estudo destinado para a creación ou aplicación nunha composición, así como realización de gráficos profesionais en movemento e efectos especiais, que dende as súas raíces consistiron basicamente na superposición de capas.
Este software está dirixido a diseñadores gráficos, productores de vídeo e a profesionais en multimedia.
Do mesmo xeito que Photoshop e Illustrator, After Effects pode importar e manipular varios formatos de imaxe, e os filtros e axustes pódense agregar, ademais se intregra con outros produtos de software de Adobe como Illustrator, Photoshop, Premiere Prol, Encore, Flash e programas 3D de terceiros como Cinema 4D.

Crimespotting
Este proxecto non está afiliado á Cidade de San Francisco ou o Departamento de Policía de San Francisco .
Hai varias cousas que facer aquí:

  • Explora os mapas .
  • Explorar reportes de crimes por día e por tipo .
  • Rexístrese para recibir alertas de correo electrónico e as canles RSS para os informes do crime no seu vecindario.
  • O noso mapa é completamente explorable – é posible desprazarse e facer zoom, seleccione os intervalos de datas no pasado, e ver determinados tipos de delitos.
  • Tamén pode compartir enlaces directamente a unha visión particular do mapa, o cal é importante para o intercambio e publicación de información. Si vostede non ten o plug-in necesario para ver o mapa interactivo, temos unha base de datos explorable crime con mapas en forma de imaxe para as combinacións de datas e tipos de delitos .

Excel
Microsoft Excel é unha aplicación distribuída pola suite de oficina Microsoft Office, que se caracteriza por ser un software de follas de cálculo, utilizado en tarefas financeiras e contables.
Excel permite aos usuarios elaborar táboas e formatos que inclúan cálculos matemáticos mediante fórmulas; as cales poden usar “operadores matemáticos” como son: + (suma), – (resta), * (multiplicación), / (división) e ^ (potenciación); ademais de poder utilizar elementos denominados “funcións” (especie de fórmulas, pre-configuradas) por exemplo: Suma, Promedio, Buscar, etc.

Flare
O formato é un formato que se introduciu en 1997 por XARA para competir co Macromedia Flash formato.
O obxectivo clave de deseño estaba en que era un formato de arquivo moi compacto para unha rápida descarga en internet. É compatible cun amplo conxunto de gráficos de vectores primitivos incluíndo unha ampla variedade de sombreado e transparencia .

Flash
Adobe Flash Player é unha aplicación informática do xénero reproductor multimedia.
Permite reproducir arquivos en formato SWF, creados coa ferramenta Adobe Flash,2 con Adobe Flex ou con outras ferramentas de terceiros.
Estrictamente falando, Adobe Flash é a contorna de creación, e «Flash Player» é o reproductor ou máquina virtual. Con todo, en linguaxe coloquial úsase o término «Flash» para referirse á contorna, ao reproductor e, ata, aos arquivos xerados.
Flash Player ten soporte para unha linguaxe de programación interpretado coñecido como ActionScript (AS) baseado no estándar ECMAScript.
Orixinariamente creado para mostrar animaciones vectoriales en 2 dimensións, pasou a converterse na opción preferida á hora de crear aplicacións Web que inclúen fluxo de audio e video e interactividad. A utilización de gráficos vectoriales permítelle diminuír o ancho de banda necesario para a transmisión e, polo tanto, o tempo de carga da aplicación.

Google Charts
Google Charts é unha aplicación de Google para realizar estatísticas web, de fácil uso para elaboradores de software web, usado en moitos campos como Google Analytics, pódese usar con diferentes formatos, Json, Javascript e plugins que se poden integrar con varias linguaxes de programación.
En lugar de crear a petición URL manualmente, hai moitas bibliotecas de código aberto dispoñibles para a maioría de linguaxes de programación.

Google Maps API
Coa Google Maps Android API, podes agregar mapas baseados en datos de Google Maps á túa aplicación. A API administra en forma automática o acceso a servidores, descargas de datos, visualización de mapas e resposta a xestos de mapas de Google Maps. Tamén podes usar chamadas de API para agregar marcadores, polígonos e superposiciones a un mapa básico, e para cambiar a vista do usuario de modo que se mostre un área do mapa en particular. Estes obxectos proporcionan información adicional de ubicaciones no mapa e permiten a interacción do usuario con leste. A API permíteche agregar os seguintes gráficos a un mapa:

  • iconos ancorados en posicións específicas do mapa (marcadores)
  • conxuntos de segmentos de liñas (polilíneas)
  • segmentos pechados (polígonos)
  • gráficos de mapa de bits ancorados en posicións específicas do mapa (marcadores)
  • conxuntos de imaxes que se mostran sobre os mosaicos de mapas básicos (superposiciones de mosaicos).

HTML
HTML é a linguaxe que se emprega para o desenvolvemento de páxinas de internet. Está composto por unha seríe de etiquetas que o navegador interpreta e dá forma na pantalla. HTML dispón de etiquetas para imaxes, hipervínculos que nos permiten dirixirnos a outras páxinas, saltos de liña, listas, táboas, etc.

iCal
iCal é unha aplicación de calendario persoal feita por Apple Inc. que se executa no sistema operativo Mac VOS X.
Almacena seguimiento de eventos e citas, permite múltiples vistas de calendario (como calendarios «domésticos», de «oficina» e «para nenos») para identificar rápidamente conflitos de horarios e tempo libre.
Está integrado con MobileMe, polo que os calendarios poden ser compartidos por Internet. Tamén se poden compartir calendarios a través do protocolo WebDAV.

Illustrator
É un editor de gráficos vectoriais en forma de taller de arte que traballa sobre un taboleiro de debuxo, coñecido como «mesa de traballo» e está destinado á creación artística de debuxo e pintura para ilustración (ilustración como rama da arte digital aplicado á ilustración técnica ou o deseño gráfico, entre outros).
Contén opcións creativas, un acceso máis sinxelo ás ferramentas e unha gran versatilidad para producir rápidamente gráficos flexibles cuxos usos dar en (maquetación-publicación) impresión, vídeo, publicación na Web e dispositivos móbiles.

Java

É unha linguaxe de programación de propósito xeral, concurrente, orientado a obxectos que foi deseñado específicamente para ter tan poucas dependencias de implementación como fose posible. A súa intención é permitir que os desarrolladores de aplicacións escriban o programa unha vez e o executen en calquera dispositivo (coñecido en inglés como WORA, ou «write once, run anywhere»), o que quere dicir que o código que é executado nunha plataforma non ten que ser recompilado para correr noutra.
Java é, a partir de 2012, un das linguaxes de programación máis populares en uso, particularmente para aplicacións de cliente-servidor de web, cuns 10 millóns de usuarios reportados.

LastFM
Last.fm é unha rede social, unha radio vía Internet e ademais un sistema de recomendación de música que constrúe perfís e estatísticas sobre gustos musicais, baseándose nos datos enviados polos usuarios rexistrados.
Na radio pódense seleccionar as cancións segundo as preferencias persoais (de acordo a un algoritmo e ás estatísticas) ou doutros usuarios. O servizo é de código aberto. Fusionouse co seu proxecto irmán Audioscrobbler.
As cancións escoitadas son engadidas a un rexistro desde onde se calcularán os gráficos de barras dos teus artistas e cancións favoritos, ademais das recomendaciones musicais. A páxina do usuario tamén mostra as pistas máis recientemente escoitadas, e está dispoñible vía servizos web, permitindo aos usuarios mostralas en blogs ou como firmas en foros.
As recomendacións son calculadas usando un algoritmo colaborativo de filtrado, así os usuarios poden explorar unha lista de artistas non listados no seu propio perfil pero que si que aparecen noutros usuarios con gustos similares. Last.fm tamén permite aos usuarios manualmente recomendar discos específicos a outros usuarios
Last.fm xerará un perfil de grupos similar aos perfís dos usuarios, mostrando unha amalgama de datos e mostrando listas cos gustos globais do grupo (formación de grupos de usuarios con algo en común).

Premiere
É unha aplicación en forma de estudo destinado á edición de vídeo en tempo real.
É parte da familia Adobe Creative Suite, un conxunto de aplicacións de deseño gráfico, edición de vídeo e desenvolvemento web desenvolvido por Adobe Systems.
Este editor de video profesional é bastante amigable, si o equipo conta con certas características no sistema (mínimo 2 GB de memoria RAM, 80 GB de disco duro, 512 MB de memoria en tarxeta gráfica). Hai que ter en conta que o video é moi complexo, así que se necesita bastante espazo para almacenar todo o que se capture para a edición, e tamén se necesita que a computadora conte cunha tarxeta de video para que poida mostrar con fluidez a previsualización e todo se poida reproducir sen cortes nin ralentizaciones

Protovis
Protovis-Java é unha implementación parcial do conxunto de ferramentas Protovis na linguaxe de programación Java. É un proxecto de investigación que explora como o enfoque declarativo Protovis para a visualización de deseño pode ser implementado e optimizado nunha linguaxe orientada a obxectos de tipo estático. Demostramos como apoiar visualizaciones ricos sen necesidade dun modelo de datos-kit de ferramentas específicas e esténdense Protovis para permitir a especificación declarativa de transicións animadas. Para apoiar o despregue de plataforma cruzada, introducimos as infraestructuras de representación e de xestión de eventos desacoplados da plataforma de ejecución.
Trátase dun prototipo de investigación. Non pretende ser unha ferramenta lista para produción e que non proporcionan soporte de software a partir deste momento. O código tamén falta moitas das rutinas de biblioteca familiar para os usuarios Protovis en JavaScript.

Silverlight
Estrutura para aplicacións web que agrega novas funcións multimedia como a reprodución de vídeos, gráficos vectoriales, animaciones e interactividad, en forma similar ao que fai Adobe Flash.
Conserva un modo de gráficos de sistema, similar ao do WPF e integra nun só complemento multimedia, gráficos de computador, animaciones e interactividad. A base da súa programación é XAML e o acceso aos obxectos está dado por C# e Visual Basic (aínda que a versión 1.0 traballaba a partir de JavaScript).
O contido creado con Silverlight sería máis «buscable» e «indexable» que aquel que foi creado con Adobe Flash por non estar compilado, pois se representa como un texto XAML.

Texas Tribune
The Texas Tribune é unha organización non lucrativa e un medio de comunicación en Texas, nos Estados Unidos.Ten como obxectivo promover a participación cidadá a través orixinal, o xornalismo explicativo e eventos públicos.
Na súa páxina web e o contido en varias plataformas de entrega serve como unha fonte de información alternativa para Texas, co obxectivo de complementar os principais medios de comunicación fontes.
The Texas Tribune , como Voz de San Diego e MinnPost ante si, é parte dunha tendencia cara ao xornalismo sen fins de lucro cunha plataforma totalmente digital.

Widgenie
Esta aplicación permítenos, por unha banda, a importación de documentos .xls ou .csv (documentos excel ou documentos de valores separados por comas), e sobre calquera deles permítenos a creación de gráficas que podemos incrustar en sitios web.
Seguen sendo datos, pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, podemos converter os datos en interesantes gráficas

Wordle
É unha aplicación para xerar «nubes de palabras» de texto que proporciona. As nubes dan maior importancia ás palabras que aparecen con máis frecuencia no texto orixinal. Pódense axustar as súas nubes con diferentes fontes, deseños e combinacións de cores. As imaxes que se crean con Wordle son seus para utilizar como vostede queira. Pode imprimilas ou gardalas no seu propio escritorio para utilizar como desexe.

IMPORTANCIA DO XORNALISMO DE DATOS

Hogano, o termo “xornalismo de datos” está estreitamente vencellado ó labor que desenrola un profesional da comunicación a diario. É unha ferramenta esencial a día de hoxe, que consiste na análise e interpretación de grandes cantidades de datos. A súa aplicación ós medios resúmese nunha sinxela frase: calquera feito pode ser explicado con números. É dicir, grazas ó acceso que temos ós case infinitos datos almacenados na rede, pódese analizar calquera situación. Facer esa información comprensible para o lector é o traballo do xornalista.

Esta variante do xornalismo non ten unha orixe concreta, mais é inevitable vinculala coas tendencias do “novo xornalismo norteamericano” de mediados do século XX. Unha das principais pretensións deste grupo de xornalistas era analizar os problemas da sociedade e tentar atoparlles unha solución. Foi entón cando unha serie de xornalistas comezan a empregar os datos dos que dispoñen para, por exemplo, buscar unha explicación ós numerosos disturbios que se produciron en Detroit no ano 1967, tal e como fixo o xornalista Philip Meyer. Dende ese intre e grazas ó desenvolvemento das novas tecnoloxías, as bases de datos non deixaron de medrar até converterse hoxe en día nunha das fontes principais nas que un xornalista sustenta a súa investigación.

Deste xeito, aparece unha nova figura dentro das Redaccións: ademais dos propios profesionais da comunicación, os medios interésanse por ter en nómina a enxeñeiros informáticos e expertos nas novas tecnoloxías, que sexan capaces de atopar eses datos que o xornalista precisa para interpretar e ofrecer unha información. Esa nova peza chave encargarase de empregar correctamente as ferramentas que fan posible o xornalismo de datos, como pode ser consultar as grandes bases de datos ou utilizar instrumentos dixitais que permitan interpretalo coma, por exemplo, gráficas. Un exemplo claro de xornalismo de datos serían as enquisas políticas en períodos electorais e as súas interpretacións.

Outras tendencias actuais do xornalismo son o de precisión —derivado do data journalism, consiste en aportar datos fiables que axuden a interpretar as realidades que nos competen— e o de investigación —moi desenvolvido nos nosos días e cunha importancia vital no devir do xornalismo—.

O xornalismo enfróntase a un futuro en constante cambio e repleto de incertidume. Os profesionais da comunicación agora deberán selo tamén das novas tecnoloxías e, o máis importante, saber revertir a crúa situación que leva ó xornalismo a perder cada vez máis lectores e ouvintes. Hai que saber reconectar coa audiencia e recuperar o espírito de instrumento ó servizo da cidadanía.

CONCLUSIÓNS

CONCLUSIÓNS SOBRE OS TEMAS QUE SE ABORDAN NO DOCUMENTAL

A modo de conclusión, pódese dicir que o que se pretende é chamar atención sobre como facer a visualización de datos atractiva e comprensible para o receptor. Destácase que é un campo que cada vez está crecendo máis e que nun futuro será imprescindible, sobre todo en términos xornalísticos. Sobre o que se pretende facer fincapé é que calquera visualización de datos ten que ser totalmente comprensible para que o lector poida saber por que lle están mostrando esa gráfico, infográfico ou calquera outro tipo de visualización. Ademais, é fundamental buscar a forma na que o receptor non se perda e que poida captar totalmente a mensaxe que se pretende difundir, ao que se lle engade que é necesario que sexa interesante e que teña un valor real para o consumidor. Polo tanto, é un campo no que se está a investigar e no que se vai avanzando pouco a pouco, pero cada vez temos máis facilidades de acceso aos instrumentos e as tecnoloxías coas que poder chegar as bases de datos, onde se sacan todas as informacións para as visualizacións.

CONCLUSIÓN DO TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

Como conclusión, os temas que abordan son os axeitados para poder entender a situación da visualización de datos, incluso sen ter coñecemento algún sobre o tema. Isto é posible porque no documental chegan incluso a definir que é a visualización e ensinan cales son as máis comúns. Cabe destacar que cando se van centrando máis nun experimento ou investigación, fan sempre unha introdución dos mesmos, na que se explica o seu contido e, algunhas veces, o que se pretende e as persoas que están envoltos nel. Ademais, seguindo a falar de información, a pesar de ser unha cantidade abundante é a necesaria para tratar todos os temas que se abordan no documental e, polo tanto, para entender realmente cal é a situación da visualización e do xornalismo de datos, así como das previsións dos mesmos. Está estruturado en capítulos que separan os diferentes bloques de información, o que axuda a non perdernos entre tantos datos, xa que o número que se aborta é importante. Este tipo de estrutura é axeitada porque desta forma o receptor pode facer as súas propias conclusións, un dos temas que se defende ferventemente no documental, ao rematar o bloque informativo. O número de intervencións que hai no documental é moi abundante. Basicamente, en todo momento existe un interlocutor explicando un tema en concreto ou dando a súa opinión. As opinións que aportan mostran a súa visión persoal da realidade da visualización de datos, da súa importancia ou do tratamento que ten actualmente. Fanse demasiadas intervencións, xa que moitas chegan incluso dicir o mesmo.

CONCLUSIÓNS DAS OPINIÓNS VERTIDAS E DOS INTERLOCUTORES

En canto ás opinións, destaca un sentimento maioritario de que a visualización é un ámbito que esta crecendo, cada día se investiga máis e que adquire máis importancia. Actualmente, é un campo novo, que se está empezando a explorar, pero que xa evolucionou. Sen embargo, é necesario seguir avanzando para poder realizar algo con calidade, xa que existen moitas malas visualizacións que non dinnada no mercado. Así pois, hai veces nas que chama a atención pero que non se comprenden realmente, polo que se fai vital unha axuda para aprender a ler e interpretar estas visualizacións. Desta maneira, existe unha necesidade dun contexto, así como de máis historia, para que as visualizacións resulten útiles. Tamén teñen como requisito que a información sexa completa. Cabe destacar que unha das condicións básicas para a realización de boas visualizacións é o coñecemento da tecnoloxía, así como nas ciencias sociais. Sen embargo, o aspecto máis importante é o estudio da estatística. No referido aos interlocutores, salienta que son moitos os que participan. Como conclusión están ben escollidos, xa que proveñen de diferentes ámbitos, no sentido de que hai investigadores, xornalistas, gañadores de premios, emprendedores, etc. E incluso dentro destes ámbitos proveñen de distintos campos ou investigacións. Un exemplo é que hai distintos xornalistas de diferentes xornais.

VALORACIÓN ARGUMENTADA DOS MEMBROS DO EQUIPO SOBRE A MENSAXE QUE SE DIFUNDE NO DOCUMENTAL

O documental é moi útil no sentido de que aporta novas visións sobre a visualización de datos que descoñecíamos. En canto á mensaxe que se difunde neste documental que nos atinxe, coincidimos no sentido de que a visualización é un campo moi necesario que vai seguir crecendo e que probablemente converterase en hexemónico. Pero ese proceso é lento e vai necesitar unha formación previa, como se menciona no documental, tanto para os realizadores como para os receptores dos mesmos. Sendo esa a idea primordial que se quere transmitir, ademais de concienciar ao mundo para que comecen a valorar este campo, cremos que o que se debería realizar primeiro é esa democratización da que se fala ao comezo do documental, polo que se porían ao alcance de todos os datos necesarios para a visualización, sendo este o primeiro paso para que os receptores dos mesmos aprendan que significa realmente esta nova forma de transmitir información. Así pois, tamén coincidimos en que o fundamental para que estas teñan claridade e sexancomprensibles é que a  información que ofrezan sexa completa, pois sen iso non sería posible que os receptores capten o que se pretende transmitir. Doutra banda, os temas que aborda pensamos que son os fundamentais para a correcta compresión da finalidade do documental. Ningún dos capítulos está demais, xa que todos aportan algo novo sen facerse reiterativo. A pesar de que é moita a información que ofrece, non se fai pesada pola súa división en capítulos, o que tamén nos axuda a comprendelos.

Cabe destacar que a estruturación resulta apropiada. A razón é que, desta forma, permítenos facer pausas entre cada capítulo para reflexionar sobre o tema do que se trata. Pensamos que é unha forma de non perderse na marea de datos que se dan, xa que doutra maneira probablemente sería inabarcable. No referido aos interlocutores, non cremos que o número deles sexa demasiado. O único é que moitos deles son innecesarios. A maioría aparecen para ter unha ampla variedade de fontes. Sen embargo, o número de interventores que repiten o mesmo resulta inútil porque non aporta nada novo ao receptor.

New-Mind-Map (1).png

BIBLIOGRAFÍA

Cabra, Mar. “Tenemos que acostumbrar a las instituciones a dar y a los ciudadanos a pedir”. <http://lab.cccb.org/es/mar-cabra-tenemos-que-acostumbrar-a-las-instituciones-a-dar-y-los-ciudadanos-a-pedir/&gt; [Consulta: 11 de novembro de 2016]

Feinberg, Jonathn. “Wordle” [En Liña] < http://www.wordle.net/ > [Consultado o 18 de novembro de 2016]

Fernández, Paola. “¿Qué es el periodismo de datos”. ElDiario.es, 15 de maio de 2015 <http://www.eldiario.es/norte/magazine/periodismo-datos_0_384611704.html&gt; [Consulta: 11 de novembro de 2016]

Heer, Jeff; Bostock, Mike. “Protovis-Java” [En liña] Protovis < http://mbostock.github.io/protovis/protovis-java/ > [Consultado o 16 de novembro de 2016]

Houston, Brant. “Una breve historia de 50 años de periodismo y de datos”. gijn.com, 8 de marzo de 2016. <http://gijn.org/2016/03/08/una-breve-historia-de-50-anos-de-periodismo-y-de-datos/&gt; [Consulta: 11 de novembro de 2016]

JARVIS, Jonathan (producer): “The Crisis of Credit Visualized” [Video YouTube], 22 de xaneiro de 2011. <https://www.youtube.com/watch?v=bx_LWm6_6tA&gt; [Consulta: 18 de novembro]

Koci Hernández, Richard. ‘Assistant professor New Media’ [En liña] <http://richardkocihernandez.com/about.html&gt; [Consulta: 16 de novembro de 2016]

Lima, Manuel. “Visual complexity” [En liña]. <http://www.visualcomplexity.com/vc/&gt; [Consultado el 16 de novembro de 2016]

Pareja, Alejandro. “FlowingData, el gráfico que sabe cómo vas a morir” [En Liña]. Gadgetos < http://www.gadgetos.com/noticias/flowingdata-grafico-sabe-como-vas-morir/&gt; [Consultado o 16 e novembro de 2016]

Stamen Design. “San francisco. crimespotting about” [en liña]. Sanfrancisco.crimespotting. <http://sanfrancisco.crimespotting.org/about&gt; [Consulta. 15 de novembro de 2016]

Viégas, Fernanda. ‘Biography’. [En liña] <http://fernandaviegas.com/bio.html&gt; [Consulta: 15 de novembro de 2016]

VV. AA. “About the information Asthetics Wblog” [En liña]. Infosthetics < http://infosthetics.com/information_aesthetics_about.html > [Consultado o 17 de novembro de 2016]

VV.AA. “Adobe Flash Player” [en liña]. Adobe. <www.adobe.com/es/products/flashplayer.html> [Consulta. 15 de novembro de 2016]
https://www.microsoft.com/silverlight/

VV.AA. “ Adobe illustrator” [en liña]. Adobe. <www.adobe.com/es/products/illustrator.html> [Consulta. 15 de novembro de 2016]

VV.AA. “Adobe Premiere” [en liña]. Adobe. <www.adobe.com/es/products/premiere.html> [Consulta. 15 de novembro de 2016]

VV.AA. “After effects” [en liña]. Adobe. <http://www.adobe.com/es/products/aftereffects.html&gt; [Consulta. 14 de novembro de 2016]

VV.AA. “Api de Google Maps” [En liña] < https://developers.google.com/maps/?hl=es-419 >[Consultado o 16 de novembro de 2016]

VV.AA.“Ayuda de excel”. [En liña]. Microsoft < https://support.office.com/es-es/excel > [Consultado o 15 de novembro de 2016]

VV. AA. Data.gov. ‘The home of the U.S. Government’s open data’. [En liña] <https://www.data.gov/&gt; [Consulta: 18 de novembro de 2016]

VV.AA. “Display live data on your site”. [En liña]. Google Charts. < https://developers.google.com/chart/ > [Consultado o 18 de novembro de 2016]
VV.AA. “ ical” [en liña]. Apple. <www.apple.com/es/support/ical/index.html> [Consulta. 15 de novembro de 2016]

VV. AA. ‘Interview with Amanda Cox – Graphics Editor at the New York Times’. [En liña] <http://simplystatistics.org/2012/06/01/interview-with-amanda-cox-graphics-editor-at-the-new/&gt; Simply Statistics, 1 de xuño de 2012 [Consulta: 16 de novembro de 2016]

VV.AA. “Java” [en liña]. Java. <https://www.java.com/es/&gt; [Consulta. 15 de novembro de 2016]

VV. AA. LinkedIn [En liña] <https://www.linkedin.com/&gt; [Consulta: 16 de novembro de 2016]

VV.AA. “Last. fm” [en liña]. Last.fm. <www.last.fm/es> [Consulta. 15 de novembro de 2016]

VV. AA. “Many eyes, compartiendo la visualización de datos”. The Project, 13 de maio de 2012. [En liña] <http://www.theproject.ws/es/toolab/entrada/many-eyes-compartiendo-la-visualizacion-de-datos&gt; [Consulta: 15 de novembro de 2016]

VV. AA. Onvia. ‘About us’. [En liña] <http://www.onvia.com/company/about-us&gt; [Consulta: 18 de novembro de 2016]

VV. AA. “¿Qué es y para qué sirve HTML? El lenguaje más importante para crear páginas webs. HTML tags” [En liña]. Aprenderaprogramar.com < http://www.aprenderaprogramar.com/index.php?option=com_content&view=article&id=435:ique-es-y-para-que-sirve-html-el-lenguaje-mas-importante-para-crear-paginas-webs-html-tags-cu00704b&catid=69:tutorial-basico-programador-web-html-desde-cero&Itemid=192 https://processing.org/ > [Consultado o 17 de novembro de 2016]

VV.AA. “The texas tribune” [En liña] < https://www.texastribune.org/ > [Consultado o 18 de novembro de 2016]

VV.AA. “Vampire energy” [en liña]. Good. <https://www.good.is/articles/vampire-energy&gt; [Consulta. 14 de novembro de 2016]

VV. AA. “Widgenie, convierte los datos en gráficas insertables en sitios web” [En liña]. Gnebeta. < http://www.genbeta.com/tag/widgenie > [Consultado o 17 de novembro de 2016]

WITHROW, Steven: <>, en: WITHROW, Steven (Google Books): Secrets of Digital Animation, London, RotoVision, 2009. [En liña]
<https://books.google.es/books?id=XojpGlFvAq0C&pg=PA24&lpg=PA24&dq=vampire+energy+nigel+holmes+good+magazine&source=bl&ots=p1RT01QYY1&sig=ytXhA_gas3rh28h8XoYsxrc-mRk&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwi7jPPv06XQAhUCuBQKHaBtA9oQ6AEIJDAC#v=onepage&q&f=false&gt; [Consulta: 18 de outubro de 2016]

2 comentarios sobre “A era do ‘Big Data’

  1. Título: aceptable.
    Breve introdución: as gráficas son bastante anteriores á dixitalización (http://www.ine.es/expo_graficos2010/expogra_autor2.htm, http://www.eldiario.es/cultura/arte/incunables-visualizacion-datos_0_275422800.html, http://blogs.elpais.com/periodismo-con-futuro/2011/03/los-origenes-de-la-visualizacion-ayudan-a-entender-el-futuro-del-periodismo.html.
    Asuntos: mellor, no primeiro, no terceiro os interlocutores falan de… comentan… explican… O terciero xira en torno a… e estanse usando os diferentes títulos do propio documental, pero non sei si queda claro o significado de cada eixo argumental, e tampouco necesario aludir a cada parte da filmación.
    Fontes: Persoas, hai 32 (si mencionamos por separado a Viégas e Wattenberg). Nalgúns casos hai moitos máis datos sobre o experto que noutros nomes (Michael Robinson ou Michael Stoll). Por exemplo, Álvaro Valiño xa non está en Público e sí traballa por libre, así que o lóxico era dicir que traballou. Ou Cairo, que traballou en El Mundo e na editorial Globo e que significa Cátedra en Xornalismo visual?. Había, efectivamente, que actualizar os datos e coñecer as aportacións, non só os cargos. Dédier, que significa elaborador integrado de HTML5 ou Flash. Amanda Cox é a editora de The Upshot, espazo especializado en xornalismo de datos do The New York Times e interven bastante no documental e os seus datos son 2 liñas, unha referida aos estudos.
    Investigacións: data.gov, tal como se recolle no texto, é un sitio onde o Goberno estadounidense fai accesible datos da súa xestión para que calquera persoa poida acceder aos mesmos. O sitio, os contidos do sitio, seguen unha estrutura igual en todas as informacións que conteñen en todos os casos título, descrición, última actualización… para facilitar a identificación e recuperación de todos os datos que se difunden en data.gov (https://www.data.gov/about#who). E, a pesar desos metadatos, alguén no documental fala do mal acceso que hai no portal aos datos, as dificultades de usalos de maneira sinxela e clara. Many Eyes agora non se atopa a páxina, en realidade, non sei si sigue funcionando porque IBM require rexistro.
    Está ben separar expertos, de ferramentas e proxectos. Pero data.gov non é un proxecto de investigación, é un portal, así como crimespottin ou las.Fm. Java é un linguaxe de programación, Google Charts é unha aplicación para realizar gráficos e Premiere, Flash e Illustrator son programas de autor, polos que habería que pagar. Hai certas diferenzas. Apartado bastante completo.

    Me gusta

  2. Importancia X.D. Philip Meyer aplicou os métodos das ciencias sociales para investigar las causas subyacentes de los disturbios del verano de Detroit en 1967, traballo que permitiu ao xornal Detroit Free Press ganar un Premio Pulitzer pola investigación en 1968 (https://s3.amazonaws.com/s3.documentcloud.org/documents/2070181/detroit1967.pdf). Ademais Meyer é o autor do libro Periodismo de Precisión, publicado en 1973, que é onde desenvolve a necesidade de coñecer e usar a metodoloxía das ciencias sociais no xornalismo e onde fala da aplicación dos procedementos das ciencias sociais ao xornalismo e conta como foi a súa colaboración no artigo publicado no Detroit Free Press. Figuras para a redacción como enxeñeiros informáticos e expertos en tecnoloxías, que tecnoloxías?
    Neste apartado faltan algunhas cousas, tal como aparece no guion de traballo: concepto. Significado. Rasgos. Instrumentos. Antecedentes. Outras formas de xornalismo na actualidade. Futuro do xornalismo. Exemplos de xornalismo de datos (papeles de Panama, https://panamapapers.icij.org/ ou https://www.propublica.org/data/ ou http://www.lanacion.com.ar/data ou http://fivethirtyeight.com/ ou http://www.nytimes.com/section/upshot ou https://www.theguardian.com/data) . o denominado, xornalismo de precisión está vencellado ás achegas de Philip Meyer. Non hai nin unha soa cita neste apartado.
    Conclusións: ben, completas. Aínda que os apartados servirían para que se tomaran en conta as distintas opcións.
    Mapa conceptual: algo pequeno para acceder ben a todos os contidos do mesmo. Non vexo por ningún lado xornalismo de datos. Por que laboratorio online, internet, máquinas ou democratización? Persoas cualificadas, en que? Hai outras categorías que non distingo. Visualización é a fase final do traballo cos datos.
    Bibligorafía (sen manual): por que consulta ou consultado? Por que en liña en unhas referencias e noutras non?
    Cabra, non vai URL e falta o sitio e a data. Feinberg falta data. Os sitios van en cursiva. En Houston, Koci, Lima, Stamen Design, Viégas, non URL. Jarvis (maiúsculas?)
    Pareja Loeches, Alejandro. “FlowingData, el…”. Gadgetos (en cursiva), 5 enero 2016.
    Vande Moere, Andrew e Information Aesthetics…
    ¿Adobe Flash Player? ¿Adobe Premiere? ¿ICal? ¿LastFM?: Non url e microsoft silverlight?, non se entende. Por que LinkedIn, do que non se fala no texto?
    Alcubierre, David: “Many Eyes…”. The Project Working on Solutions, 13 mayo 2012..
    González, Enrique: “¿Qué es y para qué … HTML…”. aparenderaprogramar.com…
    The Texas Tribune é unha publicación, o enlace leva a portada, e debería levar aos datos dos que se fala no texto, xa que se inclúe no listado.
    Vampiry energy non url e está realizado por Nigel Holmes e 4 persoas máis, e neste caso Holmes, Nigel y otros (https://www.good.is/contributors/nigel-holmes).
    Empezar por Genbeta, non sabemos si o texto sobre Widgenie está escrito por un ou varios autores.
    Withrow: non se entende.
    Na relación de aplicacións, sinceramente innecesaria, falta data.gov. e falta, máis grave, Philip Meyer.
    Única entrada. Sen imaxes. Sen referenciar o documental, por exemplo.
    Referencia ao documental:
    MCGHEE, Geoff. Journalism in the Age of Data, Estados Unidos, Knight Journalism Fellowship/Stanford University, 2009-2010. ou [Consulta: 18 novembro 2016]. Tal como aparece na bibliografía é incorrecta.
    Sería interesantes incorporar a ficha do mesmo, si é posible.

    Me gusta

Deja un comentario